Blue Flower

O consello de ministros aprobou remitir ás Cortes o Proxecto de Lei Orgánica de Ordenación e Integración da Formación Profesional.

A nova lei segundo comentan dende o goberno ten aportacións da comunidade educativa, empresarios, sindicatos e comunidades autónomas.

A lei será remitida ao Congreso dos Deputados para a súa aprobación.

Segundo a lei toda a FP terá caracter de dual xeral (cun tempo de formación na empresa entre o 25% e o 35%, con compromiso da empresa de participar ata un 20% dos contidos e resultados da aprendizaxe) ou de dual intensiva (formación na empresa a partir dun 35% de formación e o desenvolvemento de mais do 30% dos contidos do currículo). Esta última contempla un contrato de formación nos termos que dictamine a lexislación laboral.

A día de hoxe en Galicia a FP dual consta de dúas modalidades: de grupo completo ou adultos (asínase un convenio entre a Consellería e a Empresa) e a dual de segundo ano. No segundo caso participan da FP dual aqueles alumnos matriculados en FP ordinaria onde a empresa e o centro teñan un acordo específico asinado.

A novidade do proxecto de lei e a acreditación de competencias que fortalece o procedemento iniciado en Marzo coa aprobación do Real Decreto 143/2021. Con este novo sistema o MEFP preténde que moitas persoas pidan acreditar as súas competencias en catro anos.

Outros aspectos importantes son a conexión de dobre vía coa universidade, a orientación profesional ao longo da vida e a internacionalización.

Mais información en Ley Orgánica de Ordenación e Integración de la Formación Profesional

Fonte: El gobierno aprueba una nueva ley de Formación Profesional